Novas

14/03/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias insiste na necesidade de prudencia e coordinación por parte de todas as persoas, entidades e administracións, na xestión da axuda a Ucranía.

04/03/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias traslada a mensaxe de orgullo e agradecemento dos alcaldes e alcaldesas dos concellos galegos polas mostras de conmoción e solidariedade dos seus veciños e veciñas ante o sufrimento do pobo ucraíno.

02/03/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias tramita a primeira relación de axuda humanitaria dos concellos galegos ao pobo ucraíno, dentro da coordinación determinada polo Goberno do Estado en colaboración coa Xunta de Galicia.

01/03/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias asina coa Consellería de Política social o convenio marco para transformar a rede de coidados de larga duración mediante a construción, adquisición, reforma e modernización de equipamentos sociais públicos municipais.

25/02/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias manifesta firme censura respecto á agresión que Rusia está a levar a cabo en Ucraína. Como defensores dos dereitos e liberdades das persoas non podemos tolerar ningunha acción que socave ditos cimentos humanos.

27/12/2021 

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, asina coa conselleira de Política Social, Fabiola García, a renovación da Axenda Social Única 2021-2024.

17/11/2021 

A Fegamp canalizará o movemento reivindicativo das localidades de entre 20.000-50.000 habitantes para acadar o seu encaixe económico e competencial na Administración acorde ao peso sociodemográfico e económico que están a desenvolver.

10/11/2021 

A Federación Galega de Municipios e Provincias ratifica que, tal como está, o proxecto de Lei de agua da Xunta de Galicia suporá encarecementos na factura para moitas familias galegas.

09/11/2021 

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, mantivo unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para abordar a implantación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) nos Concellos galegos.

03/11/2021 

A Federación Galega de Municipios e Provincias trasladou ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico a dificultade das Entidades Locais para cumprir os prazos que establece o Proxecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados respecto á instalación do quinto contedor para a recollida s

Páxinas