Novas

14/12/2017 

A Fegamp levaba a cabo a Xunta de Voceiros ordinaria do mes de decembro en Carballo como parte das reunións itinerantes por Galicia da Federación para dar visibilidade aos concellos de Galicia e ao traballo que realiza a Fegamp día a día.

13/12/2017 

A Xunta de Voceiros da Fegamp reuníase en Carballo na súa sesión ordinaria do mes de decembro, e deu conta de que a federación acadou un principio de acordo para que os/as alcaldes/as dispoñan de un contacto directo co 112 en situacións como a vaga de lumes do pasado mes de outubro.

05/12/2017 

Os concellos poderán agora dar licenza en obras menores e bens que son patrimonio cultural das súas contornas exceptuando os Bens de Interese Cultural (BIC), os do ámbito territorial do Camiño de Santiago, os que son propiedade da igrexa católica e tamén os que de forma expresa salvagarde a D

04/12/2017 

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, asegura que non se pode abrir a reforma do financiamento autonómico sen abrir tamén a reforma do financiamento local porque “é unha necesidade operativa pero tamén moral xa que os concellos están cumprindo co aforro

04/12/2017 

A Federación Galega de Municipios e Provincias pedía a colaboración da Xunta no seo da Comisión Galega de Cooperación Local, para que abrise un procedemento que facilitase a selección de persoal interino para desempeñar postos de habilitación nacional nos concellos que o necesitasen.

23/11/2017 

Con motivo do 25N Día Contra a Violencia Machista, un ano máis desde a Fegamp amosamos o compromiso co rexeito á violencia cara ás persoas e moi especialmente a exercida cara á muller, e tanto en calquera ámbito como particularmente no ámbito local.

17/11/2017 

A Federación Galega de Municipios e Provincias reuniuse esta mañá na Consellería de Medio Rural para coñecer as emendas propostas na Lei de Acompañamento aos orzamentos de 2018 para abordar a posta en marcha de medidas de prevención dos incendios.

17/11/2017 

A través do convenio de colaboración asinado entre a Fegamp,  Vicepresidencia e a Consellería de Sanidade, subvenciónanse os gastos que tiveron ao longo de 2017 os 13 concellos da nosa Comunidade que contan cunha Unidade Asistencial de Drogodependencia.

 

17/11/2017 

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asinaba coa Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, a renovación do acordo de colaboración para impulsar a Rede de Entidades locais contra a violencia de xénero á que pertencen 178 Entidades Locais Galegas.

06/11/2017 

- O evento desenvolverase o xoves 9 de novembro a partir das 11 horas na Cidade da Cultura, con actuacións musicais, contos e lectura de poemas

Páxinas