Saúdo do Presidente da FEGAMP

O diálogo, a política de portas abertas e a colaboración entre institucións son piares fundamentais para lograr o gran obxectivo de paliar os grandes problemas que afectan a todos os municipios e provincias de Galicia. E a Fegamp debe xogar un papel determinante para conseguilo.

Neste mandato, os órganos de goberno da Fegamp contan coa presenza de todas as forzas políticas que conseguiron representación nas últimas eleccións municipais. Todos xuntos temos que ser quen de lograr defender os intereses dos municipios galegos alí onde sexa preciso facelo. Un espírito de unanimidade co que traballar polo interese común dos nosos veciños e veciñas, destinatarios do labor dos entes locais.

É precisamente a cidadanía a quen se dirixe este portal web. Aquí poderán atopar aquela información que demanden sobre o labor que na Fegamp vimos desenvolvendo a diario en representación dos 313 concellos galegos. Como servizo público temos que dar conta da actividade realizada e para nós é un deber que trascende, xa que queremos achegar os entes locais á cidadanía coa maior transparencia e próximidade posible. A excelencia como servizo público debe marcarnos o camiño e somos conscientes de que ferramentas dixitais coma esta favorecen que sexa posible.

Esta web pertence a todos os Concellos e así mesmo, a todos os galegos e galegas.

Un agarimoso saúdo.

Alfredo García

Presidente da Fegamp

 

FEGAMP