Festas de Interese Turístico

No DOG do día 20 de xaneiro de 2015, publicouse o Decreto 4/2015, polo que se regula a Declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia.

Neste Decreto recóllense os requisitos que deben cumprir as festas para acadar a distinción de Festas de Interese Turístico de Galicia. En base a esta regulación poderán ser declaradas Festas de Interese Turístico aquelas manifestacións ou acontecementos de carácter festivo, que celebrados no ámbito territorial da comunidade autónoma, supoñan unha valoración da cultura e das tradicións populares, e teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

As declaracións efectúanse en función do cumprimento, entre outros, dos seguintes requisitos: antigüidade, singularidade, arraigamento, accións promocionais, valor cultural e continuidade no tempo, requisitos que serán valorados ademais, en función doutros aspectos como a facilidade de acceso, a estética, revivir costumes e tradicións populares, o coidado do entorno, a calidade dos actos, a creatividade e innovación, a dotación de infraestruturas e equipamentos, a afluencia de visitantes e a coordinación das entidades publicas e privadas.

En comparación cos requisitos establecidos no anterior Decreto 39/2001, de 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, Declaración de Municipio Turístico galego e Declaración de Festa de Galicia de Interese Turístico, agora as manifestacións ou acontecementos de carácter festivo deberán ter un antigüidade mínima de 20 anos (antes, 10 anos); e no novo Decreto engádese a continuidade no tempo.

Neste Decreto establecese un réxime transitorio de dous anos para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos nél: