Axenda Fegamp

24/04/2019

O mércores 24 de abril de 2019 celebrouse unha reunión na sede da Fegamp onde se tratou o tema da relación de responsabilidade dos concellos coas traídas veciñais legalmente constituídas.

15/04/2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, o conselleiro de Medio Rural, José González, e o director xerente de Seaga, Pablo Arbores, asinaron o 15 de abril de 2019 a addenda ao convenio para a xestión da biomasa nas faixas secundarias de protección dos núcleos rurais.

12/04/2019

O venres día 12 de abril de 2019 levouse a cabo na biblioteca da Fegamp unha reunión entre representantes da federación e a decana e vicedecano da Facultade de Humanidades de Lugo. O tema a tratar foi a proposta de creación dun novo grao universitario de xestión cultural.

10/04/2019

O mércores 10 de abril o presidente da Fegamp, Alfredo García, acudiu á sesión ordinaria convocada polo Consello Reitor de Augas de Galicia.

10/04/2019

O mércores 10 de abril de 2019 levouse a cabo a xunta de voceiros ordianaria na sede da Fegamp.

27/03/2019
reunión fegamp e corrdinadora galega de atención primaria

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu esta tarde aos membros da Coordinadora Galega de Atención Primaria, a Dra. Mª del Carmen Acuña, e o Dr. Jesús Sueiro ante a problemática da Atención Primaria en Galicia. 

Tras a reunión o presidente declarou:

26/03/2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, e o vicepresidente da mesma, Alfonso Villares, desprazáronse a Madrid para acudir ao consello territorial da FEMP, neste caso, o último do actual mandato.

20/03/2019
Teresa Gutiérrez nunha presentación ante a Comisión Executiva da Fegamp

A directora de Augas de Galciia, Teresa Gutiérrez, visitou aos membros da Comisión Executiva da Fegamp durante a celebración da Comisión Executiva correspondente ao mes de marzo de 2019.

20/03/2019
REunión comisión executiva da Fegamp marzo 2019

Celebración da Comsiión Executiva da Fegamp ordinaria do mes de marzo e ademais útlima reunión deste organismo deste mandato.

13/03/2019
Reunión Fegamp e asociación ARELA

O presidente da Fegamp recibiu á Asociación ARELA  que veu a dar coñecer o programa que están a desenvolver desde a asociación e solicitaron difusión á Federación.

Páxinas