Política de Privacidade

1. Protección de datos de carácter persoal

A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP), en aplicación da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, informa que os datos persoais que se recollen a través dos formularios do sitio web www.fegamp.gal , se inclúen nos ficheiros automatizados específicos de usuarios dos servizos da FEGAMP. A recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter persoal ten como finalidade o mantemento da relación comercial e o desempeño de tarefas de información, formación e asesoramento e outras actividades propias da Federación. Estes datos unicamente serán cedidos a aquelas entidades que sexan necesarias co único obxecto de dar cumprimento á finalidade anteriormente exposta.

A FEGAMP adopta as medidas necesarias para garantir a seguridade, integridade e confidencialidade dos datos conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que refire ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos. O/a usuario/a poderá en calquera momento exercitar os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación recoñecidos no citado Regulamento. O exercicio destes dereitos pode realizalo o propio usuario a través de e-mail a dpd@fegamp.gal ou no enderezo Rúa de Varsovia 4-C 6º, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña).

O/a usuario/a manifesta que todos os datos facilitados por él son certos e correctos, e comprométese a mantelos actualizados, comunicando os cambios á FEGAMP.

2. Datos recompilados por usuarios dos servizos

Nos casos en que o usuario inclúa ficheiros con datos de carácter persoal nos servidores de aloxamento compartido, a FEGAMP non se fai responsable do incumprimento do Regulamento (UE) 2016/679  por parte do/a usuario/a.

3. Retención de datos en conformidade á LSSI

A Federación Galega de Municipios e Provincias informa que, como prestador de servizo de aloxamento de datos e en virtude do establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI), reten por un período máximo de 12 meses a información imprescindible para identificar a orixe dos datos aloxados e no momento de inicio da prestación do servizo. A retención destes datos non afecta ao segredo  das comunicacións e só poderán ser utilizados no marco dunha investigación criminal ou para a salvagarda da seguridade pública, poñendo a disposición dos xuíces e/ou tribunais que así os requiran. A comunicación de datos ás Forzas e Corpos do Estado farase en virtude ao disposto na normativa sobre protección de datos persoais.

4. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

A FEGAMP é titular de todos os dereitos de autor, propiedade intelectual, industrial e cantos outros dereitos gardan relación cos contidos do sitio web  www.fegamp.gal  e os servizos ofertados no mesmo, así como dos programas necesarios para a súa cumprimentación e a información relacionada.

Non se permite a reprodución, publicación e/ou uso non estritamente privado dos contidos, totais ou parciais, do sitio web www.fegamp.gal sen o consentimento previo e por escrito.

5. Propiedade intelectual do software

O/a usuario/a debe respectar os programas de terceiros postos a súa disposición pola Federación, aínda sendo gratuítos e/ou de disposición pública. A FEGAMP dispón dos dereitos de explotación e propiedade intelectual necesarios do software.

O/a usuario/a non adquire dereito algún ou licenza polo servizo contratado, sobre o software necesario para a prestación do servizo, nin tampouco sobre a información técnica de seguimento do servizo, excepción feita dos dereitos e licenzas necesarios para o cumprimento dos servizos contratados e unicamente durante a duración dos mesmos. Para toda actuación que exceda do cumprimento do contrato, o usuario necesitará autorización por escrito por parte da FEGAMP, quedando prohibido ao usuario acceder, modificar, visualizar a configuración, estrutura e ficheiros dos servidores propiedade da FEGAMP, asumindo a responsabilidade civil e penal derivada de calquera incidencia que se puidera producir nos servidores e sistemas de seguridade como consecuencia directa dunha actuación neglixente ou maliciosa pola súa parte.

6. Propiedade intelectual dos contidos aloxados
 

Prohíbese o uso contrario á lexislación sobre propiedade intelectual dos servizos prestados pola FEGAMP e, en particular:

- A utilización que resulte contraria ás leis do sistema normativo ou que infrinxan os dereitos de terceiros.

- A publicación ou a transmisión de calquera contido que, a xuízo da FEGAMP, resulte violento, obsceno, abusivo, ilegal, racial, xenófobo ou difamatorio.

- Os cracks, números de series de programas ou calquera outro contido que vulnere dereitos da propiedade intelectual de terceiros.

- A recollida e/ou utilización de datos persoais doutros usuarios sen o seu consentimento expreso ou contrario ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos.

- A utilización do servidor de correo do dominio e das direccións de correo electrónico para o envío de correo masivo non desexado.

O/a usuario/a ten toda a responsabilidade sobre o contido da súa web, a información transmitida e almacenada, os enlaces de hipertexto, as reivindicacións de terceiros e as accións legais en referencia a propiedade intelectual, dereitos de terceiros e protección de menores. O/a  usuario/a é responsable do respecto ás leis e regulamentos en vigor e as regras que teñen que ver co funcionamento do servizo online, comercio electrónico, dereitos de autor, mantemento do orden público, así como principios universais de uso de Internet.

O/a usuario/a indemnizará á FEGAMP polos gastos que supoña a imputación da Federación nalgunha causa cuxa responsabilidade fora atribuírlle ao usuario, incluídos honorarios e gastos de defensa xurídica, aínda no caso dunha decisión xudicial non definitiva.

7. Protección da información aloxada

A FEGAMP realiza copias de seguridade dos contidos aloxados nos seus servidores, nembargantes non se responsabiliza da pérdida ou borrado accidental dos datos por parte dos usuarios. Non garante a reposición total dos datos borrados polos usuarios, xa que os citados datos poderían ser suprimidos e/ou modificados durante o período do tempo transcorrido desde a última copia de seguridade. Os servizos ofertados, excepto os servizos específicos de backup, non inclúen a reposición dos contidos conservados nas copias de seguridade realizadas pola FEGAMP, cando esta pérdida sexa imputable ao usuario; neste caso, determinarase unha tarifa acorde á complexidade e volume da recuperación, sempre previa aceptación do usuario. A reposición de datos borrados so está incluída no prezo do servizo cando a pérdida do contido sexa debido a causas atribuíbles á FEGAMP.

8. Comunicacións comerciais

En aplicación da LSSI, a FEGAMP non enviará comunicacións publicitarias ou promocionais por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente que previamente non foran solicitadas ou expresamente autorizadas polos destinatarios das mesmas. No caso de usuario/as cos que exista unha relación contractual previa, a FEGAMP si está autorizada ao envío de comunicacións comerciais referentes a produtos ou servizos de dita Federación que sexan similares aos que inicialmente foron obxecto de contratación co cliente. En todo caso, o usuario pode solicitar que non se lle fagan chegar mais informacións comerciais a través dos canais de Atención ao Usuario ou tras acreditar a súa identidade.

9. Uso de cookies

Advírtese ao usuario/a que este sitio web utiliza cookies. As cookies son pequenos arquivos de texto que se instalan no navegador do ordenador do usuario/a para rexistrar a súa actividade, enviando unha identificación anónima que se almacena no mesmo coa finalidade de que a navegación sexa mais doada, permitindo por exemplo, o acceso aos usuarios/a rexistrados previamente o acceso ás áreas , servizos,  promocións, formularios e outros reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita. Pódese utilizar tamén para medir tráfico e navegación, tempo de sesión ou controlar o progreso e número de entradas.

A FEGAMP procurará en todo momento establecer mecanismos adecuados para obter o consentimento do usuario/a para a instalación de cookies que o requiran. Nembargantes, deberá terse en conta que de conformidade coa lei, entenderase que o usuario/a da o seu consentimento si modifica a configuración do navegador deshabilitando as restriccións que impiden a entrada de cookies e que o referido consentemento non será preciso para a instalación das cookies que sexan estrictamente necesarias para a prestación dun servizo expresamente solicitado polo usuario (mediante rexistro previo).

Pode ocorrer que algunhas cookies utilizadas neste sitio web non estean relacionadas coa FEGAMP. Isto sucede porque algunhas páxinas do sitio web teñen inserido contido procedente de webs de terceiras partes. Debido a que o contido procede de outra web, FEGAMP non controla a configuración de ditas cookies. Si vostede quere cambiar as súas  preferencias de configuración deberá consultar os sitios web das terceiras partes para obter información.