Aviso Legal

O presente Aviso Legal regula o uso do servizo do actual Portal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), con CIF V-15160963, enderezo na Rúa de Varsovia, 4-C, 6º, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), non se asume por parte da FEGAMP ningunha responsabilidade derivada do uso incorrecto, inadecuado ou ilícito da información aparecida nas páxinas de internet de www.fegamp.gal

Lexislación

A utilización do Portal atópase sometido igualmente a todos os avisos, regulamentos de uso e instrucións postos en coñecemento do/a Usuario/a pola FEGAMP que substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal. Con carácter xeral as relacións entre a FEGAMP e os/as Usuarios/as dos seus servizos telemáticos, presentes no Portal, atópanse sometidos á lexislación e xurisdición españolas.

Para acceder a algúns dos servizos que www.fegamp.gal ofrece a través do sitio Web, deberá proporcionar determinados datos de carácter persoal. En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, informámoslle que, mediante a cumprimentación dos presentes formularios, os seus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros de FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS co fin de poderlle prestar e ofrecer os nosos servizos así como para informarlle das melloras do sitio Web. Así mesmo, informámoslle da posibilidade de que exerza os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal, de maneira gratuíta mediante e-mail a correo@fegamp.gal ou no enderezo, Rúa de Varsovia, 4-C, 6º, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña)

Uso e acceso de usuarios

O/a Usuario/a queda informado, e acepta, que o acceso á presente Web non supón, de ningún xeito o inicio dunha relación contractual coa FEGAMP. A institución se reserva o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu Portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través do mesmo como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nos seus servidores. A utilización do Portal atribúe a condición de usuario/a do Portal e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada pola FEGAMP no momento mesmo en que o Usuario/a acceda ao Portal. En consecuencia, o Usuario/a debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o Portal, xa que pode sufrir modificacións.

Ademais, cos límites establecidos na lei, www.fegamp.gal non asume ningunha responsabilidade derivada da falta de veracidade, integridade, actualización e precisión dos datos ou informacións que conteñen as súas páxinas de Internet. Os contidos e información non vinculan a www.fegamp.gal nin constitúen opinións, consellos ou asesoramento legal de ningún outro tipo pois se trata simplemente dun servizo ofrecido con carácter informativo e divulgativo.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual do contido das páxinas Web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade da FEGAMP e, por tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poda realizar cos contidos das súas páxinas Web nin citando as fontes, salvo consentimento por escrito da FEGAMP.

Intercambio ou difusión de información

A FEGAMP declina toda responsabilidade que se derive do intercambio de información entre Usuarios/as a través da súa páxina Web. As páxinas de Internet de  www.fegamp.gal poden conter enlaces (links) a outras páxinas de terceiras partes que www.fegamp.gal non pode controlar. Polo tanto, www.fegamp.gal non pode asumir responsabilidades polo contido que poida aparecer en páxinas de terceiros.