Axenda Fegamp

02/08/2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reúnese co conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, para tratar sobre o acceso aos servizos financeiros nas zonas rurais

11/07/2019

Reunión do presidente da Fegamp, Alfredo García, coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para  tratar asuntos relacionados co plan Hurbe

04/07/2019
xunta de voceiros xullo fegamp

Celebración da Xunta de Voceiros ordianria do mes de xullo da Fegamp.

03/07/2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, acude en Madrid ao acto de conmemoración do 40 Aniversario das primeiras eleccións municipais na sede da FEMP en Madrid, coa presencia do rey Felipe VI.

05/06/2019
presentación do documento de conclusións do congreso de Medio AMbiente & Salud na era do desenvolvemento sostible

Presentación do documento de conclusións do Congreso Medio Ambiente & Salud na era do desenvolvemento sostible "novos retos para Galicia e o planeta" no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

30/04/2019

Reunión do presidente da Fegamp, Alfredo García, coa Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, e coa directora de Augas de Galicia, Mª Teresa Gutiérrez, por tema de abastecemento de Augas

24/04/2019

O mércores 24 de abril de 2019 celebrouse unha reunión na sede da Fegamp onde se tratou o tema da relación de responsabilidade dos concellos coas traídas veciñais legalmente constituídas.

15/04/2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, o conselleiro de Medio Rural, José González, e o director xerente de Seaga, Pablo Arbores, asinaron o 15 de abril de 2019 a addenda ao convenio para a xestión da biomasa nas faixas secundarias de protección dos núcleos rurais.

12/04/2019

O venres día 12 de abril de 2019 levouse a cabo na biblioteca da Fegamp unha reunión entre representantes da federación e a decana e vicedecano da Facultade de Humanidades de Lugo. O tema a tratar foi a proposta de creación dun novo grao universitario de xestión cultural.

10/04/2019

O mércores 10 de abril o presidente da Fegamp, Alfredo García, acudiu á sesión ordinaria convocada polo Consello Reitor de Augas de Galicia.

Páxinas