Axenda Fegamp

26/03/2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, e o vicepresidente da mesma, Alfonso Villares, desprazáronse a Madrid para acudir ao consello territorial da FEMP, neste caso, o último do actual mandato.

20/03/2019
Teresa Gutiérrez nunha presentación ante a Comisión Executiva da Fegamp

A directora de Augas de Galciia, Teresa Gutiérrez, visitou aos membros da Comisión Executiva da Fegamp durante a celebración da Comisión Executiva correspondente ao mes de marzo de 2019.

20/03/2019
REunión comisión executiva da Fegamp marzo 2019

Celebración da Comsiión Executiva da Fegamp ordinaria do mes de marzo e ademais útlima reunión deste organismo deste mandato.

13/03/2019
Reunión Fegamp e asociación ARELA

O presidente da Fegamp recibiu á Asociación ARELA  que veu a dar coñecer o programa que están a desenvolver desde a asociación e solicitaron difusión á Federación.

13/03/2019
xunta de voceiros mes de marzo 2019

levouse a cabo a xunta de voceiros ordianria correspondente ao mes de marzo 2019

13/03/2019
entrevista dunha estudiantea ao presidente da Fegamp sobre as emerxencias en Galicia.

Marta MAgdalena, unha rapaza de 15 anos de Vigo, realizaba unha entrevista ao presidente da Fegamp para un traballo que está a realizar sobre as Emerxencias en Galicia.

28/02/2019
reunión da Fegamp coa consellería de Sanidade polo tema da Atención Primaria

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reuníase co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a petición da propia consellería para coordinar cos municipios diversas cuestións que lles afetan dentro do Novo Modelo de Atención Primaria no que está a traballar a Consellería de Sanidade.

28/02/2019
reunión na Fegamp co presidente de SOGAMA

Reunión do presidente da Fegamp, Alfredo García, e o vicepresidente da federación, Alfonso Villares, co presidente de SOGAMA, JAvier Domínguez Lino

28/02/2019
Reunión ordenanza autocaravanas na egamp

Reunión da Fegamp coa directiva da Axencia de Turismo de Galicia, coa Asociación Galega de Autocaravanas, coa Asociación de Campings de Galicia para sentar as bases da redacción dunha ordenanza municipal para o ordenamento de autocaravanas nos seus concellos.

28/02/2019
O presidente da Fegamp no XII Workshop de Emprego do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)

O presidente da Fegamp, Alfredo García, participaba no XII Workshop de Emprego do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) no que participan 15 empresas do sector turístico, das que 13 son cadeas hoteleiras, para buscar talento entre antigos alumnos do centro coa oferta de ata 150 postos. 

Páxinas