A XUNTA E A FEGAMP COLABORAN NA EXTENSIÓN DA REDE CeMIT POR TODA A COMUNIDADE



A Secretaría Xeral de Modernización e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) colaborarán para que a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) estea presente na maioría dos concellos galegos cun modelo de xestión máis sostible e con capacidade para estenderse a máis concellos. Actualmente, son 94 os municipios que dispoñen dalgunha destas aulas públicas de acceso a Internet da Comunidade Autónoma.

 

A Rede, constituida a principios de abril tras a integración das aulas dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, os telecentros da Secretaría Xeral de Medios e o CNTG, da Consellería de Traballo e Benestar, ten como obxectivo a formación en novas tecnoloxías de todos os colectivos sociais, especialmente aqueles con m