V Congreso Observatorio Contratación Pública

Data: 

mércores, 18 Outubro, 2023 (Todo o día) a venres, 20 Outubro, 2023 (Todo o día)

 

Os días 18,19 e 20 de outubro vaise celebrar ma Coruña o V Congreso do Observatorio de Contratación Pública.

Esta V edición será punto de encontro nacional dos principais especialistas tanto académicos como do ámbito da xestión pública e privada que traballan no ámbito da contratación do sector público.

Será un espazo de debate e análise das novidades introducidas na súa ordenación xurídica, así como para a realización de novas propostas de actuación para a modernización da contratación pública e materializar na mesma os principios de eficiencia, integridade e boa administración.

É unha iniciativa impulsada polo Observatorio de Contratación Pública, que conta co apoio organizativo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da Universidade da Coruña.

Pode consultarse toda a información do Congreso e xestionar xa a inscrición a través do seu sitio web www.obcp2023.com