SUBVENCIÓNS PÚBLICAS PARA A ORDENACIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS LABORAIS DE TRABALLADORES/AS MIGRANTES PARA CAMPAÑAS AGRÍCOLAS DE TEMPADA. PRAZO: 25-06-2018

Data: 

mércores, 6 Xuño, 2018 (Todo o día) a martes, 3 Xullo, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Extracto da resolución do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións públicas para a ordenación dos fluxos migratorios laborais de traballadores/ as migrantes para campañas agrícolas de tempada. BDNS(Identif.):401492.

Finalidade

A finalidade é a execución das seguintes actuacións:

a) Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada agrícola.
b) Visita aos aloxamentos de temporeros/ as agrícolas e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos.
c) Asesoramento e información sociolaboral ás persoas traballadoras migrantes de campañas agrícolas de tempada en relación cos seus dereitos e deberes derivados da súa natureza.

Bases reguladoras

Orde ESS/1708/2012, do 20 de xullo, publicada no BOE do 1 de agosto de 2012, modificada pola Orde ESS/378/2018, do 22 de marzo.

Beneficiarios

Organizacións sindicais, as organizacións e agrupacións empresariais e cooperativas agrarias sen ánimo de lucro, e as Entidades Locais.

Importe

Dotación total da convocatoria: 1.720.795 €.

A contía máxima para cada actuación será a seguinte:

a) Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada: contía unitaria de 50 € de custo por temporero/a; contía máxima por solicitude, 90.000 €.

b) Visita aos aloxamentos e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos: contía unitaria de 300 € de custo por aloxamento; contía máxima por solicitude, 90.000 € se se realiza en máis dunha Comunidade Autónoma, e 20.000 € se comprende unha soa Comunidade Autónoma.

c) Asesoramento e información sociolaboral: contía unitaria de 20 euros de custo por temporero/a: contía máxima por solicitude, 90.000 €, se se realiza en máis dunha Comunidade Autónoma, e 20.000 €, se comprende unha soa Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Descargas: