SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E LANZAMENTO DE PLATAFORMAS DE MARKETPLACE PARA PRODUTOS AGROALIMENTARIOS NO MEDIO RURAL. PRAZO: 30-09-2021

Data: 

martes, 31 Agosto, 2021 (Todo o día) a xoves, 30 Setembro, 2021 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación 

Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H). BDNS (Identif.): 581001.

Obxecto

O obxecto é a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural (código de procedemento CO300H).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que non concorra ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007:

a) Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia situados en zonas rurais e cunha poboación inferior a 10.000 habitantes.

Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

b) Federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, de ámbito superior ao municipal.

c) Grupos de desenvolvemento rural (GDR) recoñecidos polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), do 16 de novembro de 2016, polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia.

Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito total de 800.000,00 € que será imputado ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021:

Aplicación orzamentaria Importe (€) Beneficiarios
06.03.751A.761.3 400.000,00 Artigo 3.a) do anexo I
06.03.751A.781.1 150.000,00 Artigo 3.b) do anexo I
06.03.751A.781.1 250.000,00 Artigo 3.c) do anexo I

Actuacións subvencionables

1. A actuación subvencionable é a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural.

O investimento máximo subvencionable é de 60.000,00 € e a porcentaxe da subvención acadará o 80 % do dito investimento máximo subvencionable.

2. Considéranse gastos subvencionables:

a) O deseño e desenvolvemento do marketplace: a inclusión e xestión das tendas cos seus correspondentes usuarios, a inclusión e xestión de catálogos en liña, a xestión de stocks e pedidos, a adaptación móbil coa tecnoloxía responsive, o proxecto de posicionamento orgánico SEO, o dominio e o aloxamento web dentro da Unión Europea.

b) As campañas de márketing e publicidade: a xestión SEM/Adwords, a xestión do social media, a fotografía e descrición dos produtos e a creación de promocións e estratexias publicitarias e comerciais a través de medios e canles dixitais.

c) A xestión integral do marketplace: a comunicación cos clientes a través da multiexperiencia como chatboxs, asistentes virtuais ou redes sociais e a xestión dos pagamentos en liña a través de pasarelas de pagamento.

d) O deseño e creación de produtos sostibles de packaging.

A creación e lanzamento das plataformas de marketplace deberá reunir as características técnicas e condicións legais previstas no anexo II da orde de convocatoria.

3. Non se consideran gastos subvencionables os gastos de persoal.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: