SUBVENCIÓNS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA. PRAZO: 03-06-2022

Data: 

mércores, 4 Maio, 2022 (Todo o día) a venres, 3 Xuño, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F). BDNS (Identif.): 623303.

Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

Persoas beneficiarias

– Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

– Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 85 da Lei 7/1985 de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

Importe

As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 628.644,76 euros, para a anualidade 2022 e 2023 imputables ás aplicacións orzamentarias 10.A1.432B.760.0 e 10.A1.432B.770.1, código de proxecto 2022 00002.

Proxectos subvencionables

1. Os proxectos e actividades culturais que pretendan ser subvencionados ao abeiro desta convocatoria deberán celebrarse ou desenvolverse no medio rural. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por medio rural os concellos de menos de 30.000 habitantes e cunha densidade igual ou menor a 100 habitantes/km2. Se o proxecto ten carácter supramunicipal, todos os concellos en que se desenvolve o proxecto deberán cumprir este requisito.

2. Os proxectos e actividades culturais que presenten as persoas solicitantes deberán ter un orzamento total, igual ou superior, a 50.000 euros (incluído o IVE).

3. Para os efectos destas bases, descríbense a seguir as accións elixibles:

a) Eventos ou espectáculos artísticos ou culturais, festivais, exposicións e outras actividades culturais similares dentro dos seguintes ámbitos: artes visuais, cinema e artes audiovisuais, teatro, danza, circo, música, literatura e palabra, arquitectura, deseño e artesanía, incluíndo as actividades artísticas multidisciplinares e aquelas que relacionan a cultura e as artes coa ciencia e/ou os saberes tradicionais.

b) Proxectos que mediante a participación multiaxente –laboratorios de ideas, prototipados de proxectos, iniciativas transdisciplinares ou alianzas transectoriais–, favorezan a experimentación, a investigación e a innovación cultural e teñan unha concreción práctica no territorio.

c) Patrimonio inmaterial, en conexión coa cultura e as prácticas contemporáneas.

d) Actividades de educación, transferencia e mediación artística e cultural, incluíndo o uso das novas tecnoloxías.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo es inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: