SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA. PRAZO: 10-05-2021

Data: 

sábado, 10 Abril, 2021 (Todo o día) a luns, 10 Maio, 2021 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade 

Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PL400A). BDNS (Identif.): 555871.

Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2021, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).

Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

Contía

Importe total da convocatoria: 350.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Descargas: