PROGRAMA CAMPUS RURAL 2024 - USC / MINISTERIO TRANSICIÓN ECOLÓXICA

A Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, achéganos información sobre a convocatoria de Prácticas Campus Rural, iniciativa do Ministerio de Transición Ecolóxica e do RD.

Este programa de prácticas comezou no ano 2021-22 por iniciativa do Ministerio e conta coa colaboración de numerosas universidades públicas e ten continuidade neste curso.

As condicións xerais das prácticas son as seguintes:

  • As prácticas terán unha duración mínima de dous meses e máxima de cinco meses para cada participante, considerando como data límite de finalización o 30 de setembro (data límite na USC).
  • Contribución do Ministerio de Transición Ecolóxica e RD: 1000 € mensuais para cada estudante e gastos de cotización en Seg. Social.
  • 3.2. Entidades elixibles para o programa. O Programa diríxese a entidades, públicas ou privadas, situadas ou que desenvolvan a súa actividade directa en territorios rurais con problemas de despoboación. De xeito xeral pódese entender que estes son aqueles municipios con menos de 5.000 habitantes, se ben, este criterio non ten por qué ser o único nin excluínte dos posibles concellos nos que desenvolver as prácticas. Será a universidade quen evalúe qué concellos son aqueles nos que potencialmente se celebrarán as prácticas, en base aos seus criterios e coñecemento, e tendo en conta a información presentada pola entidade participante no programa. En caso de dúbida, a Comisión de seguimento do convenio poderá pronunciarse sobre a idoneidade de dito concello en canto á súa inclusión no Programa. 

As entidades interesadas poden presentar máis dunha oferta.

Para a realización de propostas é preciso que exista un convenio entre a Universidade onde estudan os/as alumnos/as e a institución/empresa que realiza a oferta. A USC, para o caso de prácticas nos concellos, ten subscrito un convenio coa FEGAMP. É suficiente coa adhesión para participar neste Programa.

Achégase como anexo información actualizada sobre o Programa.

No caso de estar interesados en realizar oferta de prácticas dentro deste programa poden utilizar o formulario seguinte: https://forms.office.com/e/PBipyiichU?origin=lprLink

Descargas: