Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. Prazo: 26-02-2024

Data: 

venres, 26 Xaneiro, 2024 (Todo o día) a luns, 26 Febreiro, 2024 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).

BDNS (Identif.): 740583.

Obxecto

O obxecto é establecer as normas de xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Entidades beneficiarias

Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

– Ter remitidas ao Consello de Contas, antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda, as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados.

– Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia.

Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía

A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 19.498.525 euros, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-A1-712A-760.00 (código de proxecto 2024-00003) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por fondos e anualidades:

2024: 9.499.293 €.

2025: 9.999.232 €.

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da medida 0431 do PDR de Galicia 2014-2020, nun 7,5 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % por fondos propios da Xunta de Galicia.

A concesión de axudas tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.2) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables ata o límite da axuda pública concedida a cada concello.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 740583): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: agader.xunta.gal

Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Nos teléfonos 981 54 73 69 e 981 54 26 90

De xeito presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 69.

Descargas: