Os servizos sociais dos concellos repartirán lotes alimentarios para familias con escasos recursos e menores a cargo

Data: 

mércores, 28 Xuño, 2017 - 10:00 a 11:00

Santiago, 28 de xuño de 2017- A Federación Galega de Municipios e Provincias asinaba esta mañá a renovación do convenio de colaboración, xunto coa Xunta de Galicia, coa Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) nun acordo a tres bandas. No acto de sinatura estaban presentes o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o presidente da Fegamp, Alfredo García, e o presidente de Fegaban, José Pita.

 

O convenio asinado establece un procedemento de actuación e coordinación entre as entidades asinantes para entrega de alimentos durante o verán a familias con escasos recursos e con menores ao seu cargo. Esta axuda está dirixida a familias que non sexan xa beneficiarias de axudas similares e os lotes de produtos serán entregados aos servizos sociais dos concellos que serán os encargados de entregalos ás familias solicitantes. A Fegamp busca, coa renovación deste acordo, garantir o mínimo dunha comida completa ao día para todos os membros da unidade familiar de familias con escasos recursos e menores ao cargo.

 

Momento da firma do convenio