O CIEPS utilizará tecnoloxías dixitais no ofrecemento de servizos ás persoas maiores

Data: 

mércores, 18 Outubro, 2023 (Todo o día)

O Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS) pon en marcha a segunda fase do proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente

Baleira (Lugo), 18 de outubro de 2023.- Os traballos do Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS) durante os tres meses que leva en funcionamento se centraron no banco de vivendas de aluguer e atender as consultas de persoas interesadas en asentarse na zona. Ademais, acaba de iniciar unha segunda fase, desenvolvendo un proxecto piloto de vídeo asistencia socio-sanitaria a maiores. 

Esta liña de traballo, definida na xuntanza celebrada hoxe entre a Federación Galega de Municipios e  Provincias (FEGAMP), o Grupo de Desenvolvemento Rural “Montes e Vales Orientais” (GDR3), e a empresa Zwit Project , ten como obxectivo utilizar as tecnoloxías dixitais, como a videoasistencia, para ofrecer novos servizos ás persoas maiores que permita estender a súa estancia no seu domicilio cunha adecuada calidade de vida, e dinamizar economicamente e demográficamente o territorio xerando emprego entre a poboación mais vulnerable en materia laboral (mocidade, mulleres, persoas migrantes e desempregadas de longa duración).

Para avanzar nesta iniciativa, nos próximos meses se impulsarán unha serie de reunións con técnicos municipais dos concellos da comarca, especialmente cos traballadores sociais. A previsión será atender a 40 usuarios (3 ou 4 persoas por concello).