III Xornada a saúde en todas as políticas.

Data: 

martes, 24 Outubro, 2023 - 09:00 a 15:00

 

III Xornada “A saúde en todas as políticas. Tecendo Redes Saudables no Ámbito Comunitario”, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) terá lugar en Santiago de Compostela, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 24 de outubro.

Esta xornada pretende fomentar a inclusión da saúde en todas as políticas mediante un modelo de traballo baseado en redes, e presentar as bases para avanzar na promoción da saúde e a prevención de enfermidades en contornos locais mediante a acción comunitaria. Este evento é unha oportunidade de establecer un marco común de traballo que permita difundir as boas prácticas establecidas para conseguir a mellora das condicións de vida da cidadanía, e tamén de destacar a relevancia dos determinantes sociais nos hábitos de vida da poboación e a súa importancia no desenvolvemento de iniciativas e proxectos destinados á promoción da saúde.

A saúde da cidadanía non só se ve influenciada polas decisións políticas adoptadas no ámbito sanitario, senón tamén por todas aquelas que se adoptan nos distintos ámbitos das administracións públicas.

A admisión para a participación na xornada será por rigorosa orde de inscrición ata cubrir a capacidade da sala. Pode inscribirse a través da seguinte ligazón:http://enquisas.xunta.gal/index.php/917544?lang=gl 

Así mesmo, esta xornada será retransmitida en directo e gravada para a súa posterior visualización. A ligazón ao streaming e a información sobre o evento poderá atopalas na páxina web da xornada:https://www.sergas.gal/Saude-publica/III-Xornada-A-saude-en-todas-as-politicas 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa e inscricións1.42 MB
PDF icon Invitación184.44 KB