III Congreso de Compliance no sector público - Plans antifraude para a xestión de fondos NGEU

Data: 

martes, 30 Novembro, 2021 (Todo o día)

 

O día 30 de setembro publicouse no BOE a Orde  HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que supuxo a aterraxe definitiva do  Compliance ao Sector Público.  Porque unha das maiores novidades desta orde é a esixencia do que denominou «Plan de medidas  antifraude» para as entidades xestoras de proxectos  PRTR e, en especial, o que se coñece como o ciclo  antifraude e dun modo moi relevante a xestión dos conflitos de intereses.

Para abordar estas novidades, a World Compliance Association  promove o III Congreso de Compliance no sector público, que se celebrará o 30 de novembro en modalidade presencial e streaming. Na xornada abordaranse os distintos elementos normativos que integran este enfoque de prevención e loita contra a corrupción no marco das esixencias europeas de integridade institucional, así como as claves prácticas para a súa elaboración e implantación, analizando o seu encaixe no marco actual, da man de persoas expertas na materia e con acreditada experiencia na implantación dos diferentes elementos que deben formar parte dos Plans  antifraude na xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

enlightenedMÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: http://sectorpublico.eventocompliance.com/index.php