A FEGAMP SALIENTA A SÚA CONTRIBUCIÓN Á LEI DE VIVENDA PARA CLARIFICAR AS COMPETENCIAS DOS CONCELLOS E GARANTIR A AUTONOMÍA LOCAL



 

Santiago, 08 de xullo de 2008. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, fixo fincapé na importancia do diálogo e a vontade de entendemento nas relacións entre as administracións en referencia ao anteproxecto de Lei de Vivenda que hoxe presentou a conselleira Tareixa Táboas.

O alcalde de alcaldes de Galicia lembrou que por esta vía se puido “pulir e modificar” ata un total de 29 artigos e unha disposición adicional do texto que presentara a consellería. Os cambios permitiron recoller con maior claridade as competencias en materia de Vivenda dos concellos e garantir a autonomía local. Así, o novo texto recoñece explicitamente a competencia dos concellos para levar a cabo plans e programas en materia de Vivenda e ordenar o seu gasto público para a realización de políticas neste ámbito.

Carlos Fern&aac