Desde hoxe os concellos poderán descargar da páxina web da Federación un modelo de ordenanza fiscal, para tomar como guía nos trámites a seguir para facer efectiva canto antes (preferiblemente, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2008) a suba do tipo impositivo do IBI dos parques eólicos ata o 1,3, ao seren recoñecidos polo Tribunal Supremo como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES), a través dunha sentenza que lle dá a razón á Fegamp.