A FEGAMP e a DGT colaborarán para resolver o problema da tramitación das sancións dos puntos do carné de conducir dende os concellos afectados

Data: 

xoves, 18 Xaneiro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024.- Esta mañá, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e Dirección General de Tráfico (DGT) mantiveron un encontro para avaliar a situación creada pola tramitación das sancións de retirada de puntos do carné de conducir ás persoas infractoras dende os concellos competentes.

A reunión se celebrou por videoconferencia na que participaron a secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán, e a coordinadora da DGT en Galicia, Victoria Gómez, que sinalou que esta situación está xeneralizada por todo o Estado e non só está a acontecer en Galicia.

Se constatou que a meirande parte dos problemas da tramitación se deben a cuestións técnicas, polo que desde a DGT se van poñer a disposición dos concellos nesa situación para resolver eses problemas e que as sancións sexan tramitadas axeitadamente.

Nesa liña, dende a FEGAMP se enviará aos concellos toda a información e as indicacións necesarias achegadas dende a DGT, co obxectivo de que a tramitación destas sancións dende os concellos estea resolta o antes posible.