FEGAMP condena enerxicamente o asasinato machista cometido en Oia

Data: 

luns, 5 Xuño, 2023 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) quere manifestar á cidadanía a súa máis enérxica condena polo último asasinato machista cometido o pasado sábado en Oia.

Dende FEGAMP quérese achegar o pésame e todo o agarimo para a familia de Ana Vanessa Serén, e quere facer un chamamento á participación da cidadanía en todas as concentracións que estanse a convocar hoxe luns 5 de xuño dende a sociedade civil e dende ás institucións en repulsa do asasinato machista de Ana Vanessa Serén.

Para FEGAMP a violencia machista ten que ser erradicada dende a unidade da cidadanía e das súas institucións, aplicando todas as medidas que protexan ás vítimas. Vinte e unha mulleres asasinadas no que vai de ano 2023, das que dúas foron en Galicia, son vinte e unha traxedias inaceptables que esixen todos os esforzos para acabar con esta violencia criminal que nos desangra como sociedade.