Experiencias turísticas na comarca dos Ancares centradas na tradición rural impulsadas pola FEGAMP e polo GDR3

Data: 

martes, 12 Decembro, 2023 (Todo o día)

Baleira (Lugo), 12 de decembro de 2023.-

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da man do GDR3 Montes e Vales Orientais, presentaron as experiencias piloto seleccionadas no marco do proxecto RETTURN (Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural), financiado polo Ministerio de Comercio, Industria y Turismo no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - NextGenerationEU.

O proxecto RETTURN ten como obxectivo a recuperación do patrimonio inmaterial, transformando o concepto de “turismo rural” para dar resposta a despoboamento das zonas rurais.

 

As tradicións seleccionadas para o proxecto en Galicia son:

1. Pallozas e teitos de palla.

2. Patrimonio popular apícola nos dominios do oso pardo.

3. Gandaría de montaña e transhumancia.

Na xuntanza celebrada en Baleira (Lugo) presentouse o proxecto RETTURN e o plan de traballo a seguir nos próximos meses. Un dos aspectos relevantes foi identificar as entidades públicas e privadas e os actores territoriais implicados na creación das experiencias turísticas xa que con estes axentes se está a traballar na co-creación das experiencias turísticas coherentes e adaptadas ás diferentes realidades territoriais.

Participaron representantes políticos e técnicos de concellos así como os axentes económicos e sociais vinculados a cada un dos proxectos piloto:

  • GDR 3 Montes e Vales Orientais. Xeodestino Ancares Terras de Burón.
  • Concello de A Fonsagrada.
  • Concello de Baleira.
  • Concello de Navia de Suarna.
  • Cooperativa A Carqueixa.
  • Asociación Cultural A Corripa.
  • Centro de Desenvolvemento Rural Ancares.
  • Asociación Teitos do Piornedo.
  • ASGAFON (sociedade agraria).
  • Centro de Desenvolvemento Rural Ancares.
  • Ecomuseo. El país del Abeyeiro.