Convenio para a realización de vóos ortofotográficos de alta resolución PNOA10-2019

cidade desde o ceo

No ano 2018, os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo, Sanxenxo e Pontevedra suscribiron un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fegamp para a realización de voos para a obtención de ortofotografías aéreas de alta resolución xeorreferenciadas (PNOA10). Logo do éxito deste proxecto piloto, a Consellería, a través do IET, ofrece novamente esta oportunidade para o ano 2019, de xeito que máis concellos teñan a posibilidade de contar con ortofotografías verdadeiras de alta resolución (Trueortho) que poidan ser de utilidade para a elaboración e desenvolvemento do seu planeamento urbanístico, a xeración de nova cartografía, a ubicación de equipamentos, a execución de obras hidráulicas do ciclo urbano da auga, entre outras aplicacións, e á vista da demanda expresada por moitas entidades locais.

Para redacción final e sinatura do do convenio para 2019, é imprescindible saber que entidades locais teñen interese en dispoñer destas imaxes de alta resolución do seu territorio. É por isto que a través desta comunicación solicitamos que faga unha expresión de interese a esta proposta, nas condicións iniciais que a continuación se detaian:

  • Superficie mínima a fotografar por concello: 30 Km2 ou a totalidade do concello se a extensión deste fora menor.
  • Prezo do produto (voo, trueorto, nubes de puntos cunha densidade mínima de 16 puntos/m2) con IVE: 750 €/Km2 (Estimado para unha superficie mínima de 400 Km2 en toda a Comunidade Autónoma)

O borrador do convenio no que se regulan as condicións para a contratación e realización de voos para a obtención de ortofotografías aéreas de alta resolución xeorreferenciadas é semellante ao asinado no ano 2018. Ten á súa disposición o texto e os pregos da licitación de 2018 nos documentos adxuntos.

Pode facer a súa expresión de interese a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE EXPRESIÓN DE INTERESE 

Ten de prazo ata o 18 de xaneiro.

Cabe aclarar que esta expresión de interese e a correlativa asistencia á reunión non o/a compromete a participar no futuro convenio, pero será de gran utilidade para concretar a súa redacción.

Por último, se manifesta o seu interese neste prazo, pola presente queda convocado/a para unha reunión informativa para coñecer os pormenores do proxecto e do convenio o vindeiro 25 de xaneiro ás 11 h no Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela).

Descargas: