CONCURSO DE PROXECTOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA MARÍA MOLINER 2018, EN MUNICIPIOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES. PRAZO: 20-07-2018

Data: 

sábado, 30 Xuño, 2018 (Todo o día) a venres, 20 Xullo, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Orde pola que se convoca o concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes correspondente ao ano 2018. BDNS(Identif.):405321.

Finalidade

Incentivar as accións de animación á lectura de nenos/as e mozas/os, de eficiencia e labor bibliotecaria, así como de integración social nas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes.

O concurso consistirá na entrega dun máximo de 300 premios en metálico, por un importe individual de 1.706,66€ para a compra de libros, ás bibliotecas dos municipios cuxos proxectos fosen seleccionados, así como no outorgamento doutros premios en metálico ás catro bibliotecas municipais que obteñan a mellor puntuación, por un importe global máximo de 36.000€ e que deberán destinarse integramente á biblioteca municipal de cada localidade.

Beneficiarios

Poderán acceder á presente convocatoria aqueles concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública a cargo da cal haxa persoal.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas do Ministerio de Cultura en réxime de concorrencia competitiva.

Importe

O importe máximo para esta obrigación será de 512.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Descargas: