AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE FESTIVAIS E CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS EN ESPAÑA. PRAZO: 19-05-2022

Data: 

venres, 29 Abril, 2022 (Todo o día) a xoves, 19 Maio, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2022. BDNS(Identif.): 623280.

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2022 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Comunidades Autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e organismos e entidades delas dependentes e persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.

Bases reguladoras

Orde CUD/888/2021, do 5 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España previstas no artigo 32 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema.

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de: 1.353.900 euros. A contía individual non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables e o importe máximo da axuda será de 150.000 euros.

Para cumprir cos obxectivos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, a contía imputable aos créditos dispoñibles do P33YA C25.I01 "Programa de fomento, modernización e dixitalización do sector audiovisual. Cultura" financiará unicamente os gastos de dixitalización e de sustentabilidade descritos nos apartados j) e k) da norma quinta.1. desta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: