Data:
Ministerio de Cultura e Deporte
Extracto da resolución, do 3 de maio de 2022, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais e Empresas Públicas Municipais no ano 2022, para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. BDNS (Identif.): 625854.
Finalidade
A subvención diríxese a Corporacións Locais e Empresas Públicas Municipais que realicen obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración posterior de competicións de carácter internacional.
Beneficiarios
As corporacións locais e empresas públicas municipais que non se atopen en ningunha das circunstancias de exclusión sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Bases reguladoras
Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes, dispoñibles en: http://www.boe.es/boe/dias/2012/12/15/ pdfs/BOE-A-2012-15180.pdf
Contía
O importe máximo imputable á subvención será de 1.200.000,00 €.
Prazo de presentación de solicitudes
Vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste extracto no B.O.E.