AXUDAS PARA FINANCIAR TRABALLOS DE CONSERVACIÓN OU ENRIQUECEMENTO DE BENS INMOBLES DO PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL, DENTRO DO "PROGRAMA 1,5% CULTURAL". PRAZO. 12-03-2020

Data: 

venres, 17 Xaneiro, 2020 (Todo o día) a xoves, 12 Marzo, 2020 (Todo o día)

 

Ministerio de Fomento

Extracto da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se convocan axudas para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do "Programa 1,5% Cultural" do Ministerio de Fomento. BDNS(Identif.):491534.

Obxecto

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do Programa "1,5% Cultural" do Ministerio de Fomento.

Beneficiarios

Poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aquelas persoas ou entidades, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que ostenten a titularidade dun inmoble que cumpra cos requisitos establecidos no artigo 3 da orde de bases reguladoras.

Bases Reguladoras

A presente convocatoria regúlase pola Orde FOM/1932/2014, do 30 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, con cargo aos recursos procedentes das obras públicas financiadas polo Ministerio de Fomento e pola Entidades do sector publico dependentes ou vinculadas (BOE/BOE do 22 de outubro).

Contía

Estas axudas financiaranse con cargo ao crédito consignado nas aplicacións orzamentarias 17.09.261O.748; 17.09.261O.751 e 17.09.261O.764 do Orzamento de Gastos da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, por un importe máximo total de 61.000.000€.

A contía total das axudas axustarase ás seguintes anualidades correspondentes ao crédito retido, aínda que estas poderán ser obxecto de reaxuste:

2020: 20.500.000,00€

2021: 40.500.000,00€

De acordo co establecido no artigo 56.2 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, dada a tramitación anticipada da convocatoria, esta contía total máxima ten carácter estimado, e a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Prazo de presentación de solicitudes

Deberán presentar a solicitude no prazo de 40 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta convocatoria.

 

 

Descargas: