Apróbase a creación dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as municipais

Data: 

xoves, 30 Novembro, 2017 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias pedía a colaboración da Xunta no seo da Comisión Galega de Cooperación Local, para que abrise un procedemento que facilitase a selección de persoal interino para desempeñar postos de habilitación nacional nos concellos que o necesitasen.

O compromiso materializouse na creación dunha bolsa de traballo para dar solución a un problema que afectaba a moitos rexedores, que se vían impedidos de contratar persoal para os postos de habilitación nacional debido ao requisitos esixidos.

Tras esa petición feita pola Fegamp no mes de abril, o consello da Xunta de Galicia procedeu agora á aprobación da creación da bolsa de interinos que facilitará a cobertura de prazas vacantes nos concellos que ata agora se atopaban con moitas dificultades para facelo.

Establécese desta forma un procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para postos de habilitación nacional mentres non se cubran de forma definitiva as prazas ou mediante nomeamento provisional, comisión de servizos ou acumulación.