Análise das tarefas de prevención e extinción de incendios no actual convenio GES

Data: 

xoves, 17 Marzo, 2016 - 11:30

O Consello Económico e Social de Galicia acolleu a primeira xuntanza de 2016 relativa a aclarar as tarefas de prevención e extinción dos incendios forestais por parte dos efectivos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipiais de Galicia.Os asistentes puxeron en común un listado de actuacións que deberán levar adiante os traballadores dos GES en materia de prevención de incendios, cun dobre obxectivo: rebaixar no posible o risco de incendio, a través de rozas e coidado da masa forestal (Xestión de Faixas de Biomasa), con especial coidado das zonas próximas a poboacións; e fixar un plan de actuación común, que evite duplicidades e axilice as tarefas das distintas administracións.

A xuntanza asistiu o presidente da Fegamp, Alfredo García; o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto; o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago; representantes das catro deputacións provinciais e alcaldes, alcaldesas, edís e técnicos da trintenta de concellos galegos que contan con Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES). Acudiron ademais á reunión algúns xefes dos distritos forestais.

Segundo o acordo, o convenio amplía as accións preventivas dos GES:

- Actuacións de definición das redes de faixas de xestión da biomasa e investigación da propiedade e estado da biomasa.

- Actuacións de silvicultura preventiva: roza en camiños históricos, en terreos de influencia forestal e ampliación das rozas a realizar, tanto mecánicas como manuais.

- Prevención do dano causado pola vespa velutina.