AMPLÍASE, ATA O 15 DE MARZO DE 2008, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA AS SUBVENCIÓNS DO FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN.



Orde do 7 de febreiro de 2008, publicada no DOG nº 31, o mércores 13 de febreiro de 2008, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 19 de decembro de 2007, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2008, as axudas e subvencións da Consellería de Traballo para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación.