Axenda Fegamp

21/11/2018
imaxe dos alcaldes/esas na comisión executiva de novembro de 2018 na sede da fegamp

Reunión da Comisión Executiva da Fegamp ordinaria do mes de novembro na sede da federación

21/11/2018
fegamp e COPG presentan o cartel polo bo trato na sede da fegamp

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), presentou o cartel/ilustración para a campaña “Polo bo trato”, con motivo do 25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.

14/11/2018
Benito Blanco (LIR) e Alfredo García (Presidente da Fegamp)

A campaña divulgativa constará de 10 vídeos con accións que de ser postas en marcha no día a día para conseguir unha redución na creación de residuos por parte da cidadanía. Os vídeos poderán ser empregados por todos os concellos galegos personalizados coa súa propia imaxe corporativa.

05/11/2018
acto de sinatura do convenio de colaboración cidades CAI entre a Fegamp, a xunta de galicia e UNICEF

A través dun convenio de colaboración firmado o 5 de novembro de 2018 entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español, a Fegamp promoverá a implantación no eido municipal do programa Cidades CAI que motiva o desenvolvemento integral da infancia e adolescencia cun enfoque de dereitos e a creación espazos duradeiros de participación para eles.

25/10/2018
reunión Fegamp e Fondo Galego

Reunión de representantes da Fegamp con representantes do Fondo Galego para presentar por parte do Fondo Galego a iniciativa "Vacacións con traballo" para a súa difusión entre os concellos galegos

24/10/2018
REunión Fegamp - IGADI

O IGADI presentou unha proposta de traballo a Fegamp para traballar en materia de Acción Exterior e recordar as obrigas que teñen nesta materia as EE.LL.

24/10/2018
reunión FEgamp - AGAT

A Fegamp recolleu nesta reunión a problemática exposta pola Axencia Galega de Atención Temperá (AGAT) co compromiso de dar traslado das mesmas ao goberno autonómico para buscar vías de colaboración.

24/10/2018
reunión Fegamp - FEGAES

A Fegamp recolleu os problemas reflictidos pola federación Galega de Estación de Servizo (FEGAES) como os problemas nas estacións de servizo por falta de persoal sobre todo en perxuício de persoas con movilidade reducida que non poden efectuar a repostaxe de carburante.

24/10/2018
reunión AMATEGA-Fegamp

AMATEGA amosou ao presidente da Fegamp os problemas aos que se enfronta o teatro amateur galego buscando vías de colaboración intermunicipal
 

26/09/2018
reunión Fegamp CEGASAL

Reunión do presidente da Fegamp, Alfredo García, cos responsables de CEGASAL para coñecer máis a fondo o catálogo de empresas e promoción dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e de promoción do emprego de calidade de persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclu

Páxinas