ÓRGANOS DE GOBERNO
Os Órganos Rectores da Fegamp renóvanse cada catro anos, sendo os encargados da toma de decisións da entidade e da súa aplicación. Son os seguintes:
-
Asemblea Xeral
A Asemblea Xeral da Fegamp é o órgano soberano da entidade. Está integrada por un representante de cada un dos socios da Federación (313 municipios galegos e 4 deputacións provinciais). Convócase con carácter ordinario cada 4 anos, tras os resultados das eleccións municipais, e tamén pode celebrarse de xeito extraordinario (Artigo 20b dos Estatutos).
Na Asemblea determínase a composición dos restantes órganos de goberno (Consello Federal e Comisión Executiva) para 4 anos de mandato. Realízase por votación: concellos e deputacións escollen entre as candidaturas de nomes presentadas polos distintos grupos políticos. O número de votos que pode emitir cada socio vén determinado pola súa poboación (Artigo 24) e pode exercer o seu dereito sempre e cando teña ao día as obrigas contraídas coa Fegamp (Artigo 14). O obxectivo é acadar unha lista única e de consenso, aprobada por unanimidade (fito acadado en 8 das 9 Asembleas celebradas ata o momento).
Durante o transcurso da Asemblea, acórdanse en liñas xerais os retos políticos e de traballo a desenvolver durante o mandato entrante.
-
Consello Federal
O Consello Federal da Fegamp está integrado por 55 membros, elixidos entre os socios titulares (os 313 concellos galegos e as 4 deputacións provinciais) pola Asemblea Xeral. O procedemento para a escolla realízase a través de candidaturas pechadas, a proposta dos diferentes partidos políticos que acadaran representación nas eleccións municipais.
Acadan asento os 29 primeiros membros da candidatura máis votada na Asemblea Xeral; os 17 primeiros nomes da segunda máis votada; os 7 cabezas da terceira e os 2 primeiros nomes do cuarto listado. Membros actuais.
-
Comisión Executiva
A Comisión Executiva da Fegamp está composta polo presidente, 3 vicepresidentes (vicepresidente primeiro, vicepresidente segundo e vicepresidente executivo) e 13 vocais. É o órgano encargado de levar á práctica os acordos da Asemblea Xeral e do Consello Federal. Os compoñentes da Comisión Executiva reúnense unha vez ao mes de xeito ordinario. Membros actuais
-
Xunta de Voceiros
A Xunta de Voceiros da Fegamp está formada polo presidente e un voceiro de cada un dos grupos políticos que obtiveran representación na Comisión Executiva. Son os propios grupos políticos os que se encargan de elixir ao seu candidato ou candidata.
Os voceiros reúnense de xeito ordinario unha vez ao mes e, a maiores, asisten ás xuntanzas que requira a propia axenda da Fegamp. Membros actuais.
A maiores, a actividade ordinaria da Fegamp conta con:
Órganización Administrativa e Áreas de Traballo
Para a xestión do labor diario da Fegamp, a Federación conta cun secretario xeral – interventor, un director xeral e un coordinador. O cadro de persoal da Fegamp é propio e independente aos resultados da Asemblea.
A Fegamp ofrece servizo e asesoramento aos seus socios nos eidos de formación do persoal das entidades locais, tramitación de reclamacións de consumo, departamento de inmigración, área de medioambiente e xestión da auga, departamento de economía e facendas locais, novas tecnoloxías e comunicación, emerxencias, urbanismo ou turismo, entre outros.
Alberto Varela Paz
[ PSdeG - PSOE ]
Presidente da Fegamp
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Vicepresidentes
Carlos Martínez Carrillo
[ PPdeG ]
Vicepresidente Primeiro
Alcalde de Vedra
Secundino García Casal
[ BNG ]
Vicepresidente Segundo
Alcalde de San Sadurniño
[ PSdeG - PSOE ]
Vicepresidenta Executiva
Alberto Varela Paz
[ PSdeG - PSOE ]
Presidente da Fegamp
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
[ PPdeG ]
Vicepresidente Primeiro
Alcalde de Vedra
Secundino García Casal
[ BNG ]
Vicepresidente Segundo
Alcalde de San Sadurniño
[ PSdeG - PSOE ]
Vicepresidenta Executiva
Alberto Varela Paz
[ PSdeG - PSOE ]
Presidente da Fegamp
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Carlos Martínez Carrillo
[ PPdeG ]
Vicepresidente Primeiro
Alcalde de Vedra
Secundino García Casal
[ BNG ]
Vicepresidente Segundo
Alcalde de San Sadurniño
María Barral Varela
[ PSdeG - PSOE ]
Vicepresidenta Executiva
Alcaldesa de Betanzos
Mayra García Bermúdez
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcaldesa de Trabada
Fco. José Fumega Piñeiro
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de O Carballiño
José Luis Raposo Magdalena
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de Pedrafita do Cebreiro
Sara Inés Vega Núñez
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcaldesa de Castro Caldelas
Andrés Díaz Sobral
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de Ponte Caldelas
Mónica Rodríguez Ordóñez
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcaldesa de Vimianzo
José Miguel Alonso Pumar
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de Cariño
Julio Álvarez Núñez
[ PPdeG ]
Vogal
Alcalde de Quiroga
Pablo Pérez Pérez
[ PPdeG ]
Vogal
Tenente - Alcalde de Quintela de Leirado
José Crespo Iglesias
[ PPdeG ]
Vogal
Alcalde de Lalín
Nidia Arévalo Gómez
[ PPdeG ]
Vogal
Alcaldesa de Mos
Ana Belén Ermida Igrexas
[ BNG ]
Vogal
Alcaldesa de Barreiros
[ PSdeG - PSOE ]
Presidente da Fegamp
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
[ PPdeG ]
Vicepresidente Primeiro
Alcalde de Vedra
[ BNG ]
Vicepresidente Segundo
Alcalde de San Sadurniño
[ PSdeG - PSOE ]
Vicepresidenta Executiva
Alcaldesa de Betanzos
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcaldesa de Trabada
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de O Carballiño
José Luis Raposo Magdalena
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de Pedrafita do Cebreiro
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcaldesa de Castro Caldelas
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de Ponte Caldelas
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcaldesa de Vimianzo
[ PSdeG - PSOE ]
Vogal
Alcalde de Cariño
[ PPdeG ]
Vogal
Alcalde de ...
[ PPdeG ]
Vogal
Alcalde de Quiroga
[ PPdeG ]
Vogal
Tenente - Alcalde de Quintela de Leirado
[ PPdeG ]
Vogal
Alcalde de Lalín
[ PPdeG ]
Vogal
Alcaldesa de Mos
[ BNG ]
Vogal
Alcaldesa de Barreiros
- Secretario Xeral - Interventor: Eduardo Ramonde Rodríguez
- Director Xeral: José Manuel Chapela Seijo
- Coordinador: Raúl Fernández Iglesias