Axenda Fegamp

17/02/2016

Celebración na Fegamp da III Comisión Executiva, correspondente ao mes de febreiro.

Un dos asuntos destacados foi o acordo para solicitar á Xunta e á Delegación do Goberno en Galicia unha liña de axudas para os concellos afectados polos danos do último temporal deste inverno.

17/02/2016

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron na Coruña a primeira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.

10/02/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu na nosa sede de Santiago de Compostela ao conselleiro de Política Territorial, José Manuel Rey Varela, que deixou a súa sinatura no Libro de Visitas.

10/02/2016

Reunión da Xunta de Voceiros na Fegamp correspondente ao mes de febreiro.

07/02/2016

A Fegamp estivo presente na 17ª edición desta recoñecida feira ourensá que defende a cultura da calidade na gastronomía e a sitúa como un dos reclamos turísticos máis importantes.

04/02/2016

A directora xeral de Puntogal Dominio Galego, Edita de Lorenzo, acudiu á Fegamp para estudar novas ferramentas de promoción co coordinador Raúl Fernández.

03/02/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibe a Carlos Teijo, director do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC e profesor da facultade de Dereito, para abordar proxectos de colaboración.

03/02/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García reúnese nas instalacións da Xunta de Galicia en San Lázaro coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

27/01/2016

Xuntanza de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

27/01/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste ao Consello de Administración de SOGAMA.

Páxinas