Axenda Fegamp

26/01/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste xunto co vicepresidente primeiro, Alfonso Villares e o secretario xeral, Eduardo Ramonde, ao Consello Territorial da FEMP celebrado en Madrid.

20/01/2016

Os voceiros da Fegamp reúnense coa secretaria xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas e técnicos do seu departamento. Un dos principais asuntos a tratar é a tramitación da Lei do Solo.

13/01/2016

Primeira xuntanza dos voceiros da Fegamp 2016.

13/01/2016

Xuntanza en Madrid dos secretarios xerais das Federacións Territoriais de Municipios, para preparar o próximo Consello Territorial. Asiste por parte da Fegamp o secretario xeral, Eduardo Ramonde.

29/12/2015

Asisten o director xeral de Administración Local, a subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, a directora da Escola Galega de Administración Pública - EGAP, o alcalde de Cervo como representante dos Concellos e o presidente da Fegamp.

21/12/2015

Alfredo García, presidente da Fegamp, asiste á entrega dos Premios da Cultura Galega 2015, concedidos pola Xunta de Galicia.

21/12/2015

Na rolda de xuntanzas como presidente da Fegamp, Alfredo García recibe aos delegados da CIG de Medio Rural, para abordar a situación profesional das brigadas antiincendios.

21/12/2015

Barallando novas iniciativas para o 2016: xuntanza con Red Localis - Rede Local de Administración Pública, para afondar en estratexias e ferramentas de transparencia.

21/12/2015

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reúnese co presidente de COGAMI, Anxo Queiruga e Álvaro García, da xunta directiva, para estudar proxectos de colaboración.

Páxinas