Novas

08/03/2020 

O 8M celébranse os logros sociais, económicos, culturais e políticos acadados polas mulleres, pero tamén é un recordatorio do que queda por facer e un chamamento á participación para acelerar a chegada real da igualdade total. Este 2020 é un aniversario especial na loita pola igualdade de xénero;

03/03/2020 

O presidente da FEGAMP Alberto Varela recibiu aos representantes da Unión de Guardias Civiles de Galicia para tratar as necesidades deste corpo de seguridade no ámbito galego.

26/02/2020 

A Comisión de Seguimento dos GES -formada por representantes da Dirección Xeral de Administración Local, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería do Medio Rural, pola FEGAMP e as catro deputacións dá Comunidade-adxudicou a Moraña o emprazamento do Grupo de E

17/02/2020 

O presidente da FEGAMP Alberto Varela reuniuse esta tarde co alcalde de Ferrol, Ángel Mato, para tratar diversos temas de interese municipal, como a situación dos servizos de axuda á dependencia.

05/02/2020 

Alberto Varela tivo a súa primeira reunión co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo en representación da Federación Galega de Municipos e Provincias.

03/02/2020 

A Federación Galega de Municipios e Provincias trasladou á Xunta de Galicia varias peticións relacionadas coas axudas á escolarización de nenos de 0-3 anos.

29/01/2020 

A FEGAMP sinala os orzamentos de 2020 como solución á liquidación do IVE de 2017 que non se transferiu aos concellos. 

23/01/2020 
Alberto Varela, FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Miñones, Ames

Alberto Varela iniciou unha rolda de contactos con alcaldes para solicitar de primeira man as súas peticións e suxestións, e presentarlles as liñas de traballo da Federación Galega de Municipios e Provincias nos vindeiros catro anos.

29/11/2019 
Presidente saínte e entrante da Fegamp na X Asemblea

Quedou clausurada a X ASemblea da Fegamp e constituidos os novos órganos directivos resultando elixido presidente o cabeza de lista Alberto Varela PAz, alcalde de Vilagarcía de Arousa.

29/11/2019 

Alfredo García participou na apertura da X Asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias, baixo o lema O Valor do Poder Local, na que tamén interviñeron o alcalde de Santiago, José Bugallo, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández. García resaltou ”o consenso e a unanimidade entre os grupos políticos da Fegamp como chave das decisións tomadas” ao longo da súa etapa na presidencia.

Entre os fitos acadados pola Fegamp nesta etapa Fegamp, García destacou logros económicos como a devolución do céntimo sanitario, tamén a renovación do convenio dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) ou o convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias, ou a consecución do documento das 100 medidas a prol do municipalismo apoiado por todos os grupos políticos da Fegamp. Ademais destacou a posta marcha da sede electrónica da Federación, unhas contas totalmente saneadas e a realización de xornadas formativas sobre diversas materias que supoñían un reto para os concellos.

Alfredo García resaltou no seu discurso as cifras que avalan a responsabilidade por parte das entidades locais: “a débeda dos concellos galegos descendeu de 255 € a 91 € por habitante desde o 2013 ata o 2018, o remanente de tesouraría no exercicio do 2017 situouse por riba dos 600 millóns, e o resultado orzamentario deste ano superou os 300 millóns de euros”.

Páxinas