22 febreiro 2024 - Taller sobre comunidades enerxéticas rurais: proxecto POCTEP CEL RURAL e oportunidades de financiación

O próximo dia 22 de febreiro ás 10:00 horas terá lugar na sede da FEGAMP un taller sobre Comunidades Enerxéticas Rurais.

Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer o proxecto POCTEP CEL RURAL no que a FEGAMP está involucrada xunto con outros 7 socios de España e Portugal, e no que se traballará durante os próximos 3 anos para o fomento deste tipo de figuras enerxéticas. Dentro desta iniciativa transfronteiriza tamén se desenvolverán varias actuacións piloto no territorio galego, ademais de cursos e xornadas informativas ó longo da duración do proxecto.

No peche da xornada realizarase unha exposición de  liñas de axuda dispoñibles para os Concellos e as sinerxías que poden xurdir coa iniciativa CEL RURAL.

O taller estará dinamizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), que lidera o proxecto e que é un dos actores principais no contexto das comunidades enerxéticas en Galicia, promovéndoas a desenvolvendo tecnoloxía para este tipo de sistemas.

enlightenedenlightened FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PROGRAMA

Espazo de exposición

10:00 horas  Benvida 
10:10 horas  Comunidades enerxéticas rurais: contexto e aspectos diferenciais
10:25 horas  Presentación do proxecto CEL RURAL

Espazo interactivo – sesión de traballo

10:45 horas  Actuacións piloto dentro do proxecto CEL RURAL: papel dos  concellos
11:15 horas  Axudas dispoñibles e procedemento de solicitude
11:45 horas  Preguntas e debate
12:15 horas  Peche da sesión

 

Código de proxecto: 0081_CEL_RURAL_6_E