Data:
Este curso está organizado pola UNED e vai dirixido a profesionais que precisan unha formación en malos tratos pola labor que desempeñan: na ensinanza, a educación, a socioloxía, psicoloxía, traballo social, avogacía, persoal ao servizo da Administración de Xustiza, policía, persoal sanitario (medicina e enfermería) e para calquera que teña interese en adquirir un coñecemento serio e riguroso desta materia.
Matriculación : Do 7 de setembro de 2020 ao 15 de xaneiro de 2021.
Información de matrícula:
Fundación UNED
C/ Guzmán el Bueno, 133 - Edificio Germania, 1ª planta . 28003 - Madrid
Teléfonos: +34 913867275 / 1592
Correo electrónico: rdiaz@fundacion.uned.es
ADMISIÓN: A admisión ao curso realizarase por estrita orde de chegada da solicitude á Secretaría dos cursos, unha vez admitida polo Consello docente do mesmo.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Unha vez comunicada ao solicitante a admisión do curso, poderá proceder a formalizar a súa matrícula no impreso que lle enviará a Secretaría do curso.
Duración do curso:
Experto ou primeiro curso de Máster: xaneiro de 2021 a 30 de xuño de 2021
Segundo curso de Máster: xaneiro de 2021 a 30 de xuño de 2021
Toda a información dispoñible no seguinte enlace: https://formacionpermanente.uned.es/tp_actividad/idactividad/11506
Para inscrición: https://formacionpermanente.fundacion.uned.es/login