Webinar sobre o mantemento nas instalacións dos edificios da administración local

Data: 

venres, 24 Maio, 2024 - 09:00

 

Os edificios municipais dispoñen de instalacións que deben cumprir coa normativa de seguridade industrial, tales como instalacións eléctricas, calefacción ou ascensores; outras que empregan gases combustibles, caldeiras ou depósitos de gasóleo; máquinas salvaescaleiras, centros de transformación ou compresores.

En todos estes casos existe unha completa regulamentación con criterios estritos na parte de deseño, execución e mantemento que debe ser cumprida, pero nalgúns casos, especiamente no mantememto, pode pasar desapercibida.

Adicionalmente temos outras normativas afíns como a prevención da lexionelose ou o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais. 

Así, as instalacións municipais deben cumprir coa normativa en canto ás revisión e inspeccións periódicas. 

Ao fin de abordar estas casuísticas, o día 24 de maio, desenvolverase unha webinar sobre o mantemento nas instalacións dos edificios da administración local, no que se abordarán os principios básicos sobre estas intalacións co fin de garantir a seguridade de traballadores e usuarios e minimizar as posibles consecuencias de responsabilidde no caso de incidencias graves. 

A webinar desenvolverase en soporte on line o vindeiro venres 24 de maio a partir das 9 da mañá e terá unha duración estimada de 1,5 horasSerá impartida por Fernando Blanco Silva, doutor en Desenvolvemento Sostible e enxeñeiro industrial na Xunta de Galicia. É autor de diversos artigos científicos relacionado co mantemento das instalacións así como do libro "El triángulo de la Gestión Energética".

enlightenedPara participar na webinar é necesario inscribirse a través do seguinte

FORMULARIO DE INSCRICIÓN.