WEBINAR “A CARREIRA DA ÚLTIMA MILLA. PRESENTACIÓN DO LIVING LAB DO VEHÍCULO AUTÓNOMO DO PROXECTO SMARTIAGO.”

Imaxe webinar

O Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), organiza unha webinar “La carrera de la última milla. Presentación del Living Lab del vehículo autónomo del proyecto Smartiago”, que terá lugar o vindeiro martes, 15 de novembro, de 10:00h a 12:00h de xeito telemático e xirará en torno ao desenvolvemento de vehículos eléctricos multifuncionais no marco dun Living Lab de loxística da última milla.

Mediante este webinar, o Concello de Santiago de Compostela quere dar a coñecer os principais retos da loxística urbana para a distribución da última milla e presentar o proxecto do vehículo autónomo elaborado polas empresas Vodafone e Phebus no marco do proxecto Smartiago. Busca, ademáis, abrir o Living Lab ás empresas galegas e seguir avanzando así nas súas políticas de innovación para os retos urbanos.

Este proxecto atópase enmarcado dentro da liña de actuación sobre mobilidade intelixente e sostible do proxecto Smartiago, unha aposta do Concello polas solucións innovadoras.

A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3Upj0YG

Para máis información sobre o proxecto, poden dirixirse á web:  https://vehiculosmart.santiagodecompostela.gal/

Xúntase o programa da xornada.

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon Programa do webinar317.11 KB