SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN E MELLORA DO EQUIPAMENTO DOS CENTROS DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM). PRAZO: 27-02-2023

Data: 

sábado, 28 Xaneiro, 2023 (Todo o día) a luns, 27 Febreiro, 2023 (Todo o día)

 

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade 

Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para a rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI427D). BDNS (Identif.): 672036.

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2023 as subvencións dirixidas ás entidades locais de Galicia para a rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM).

2. Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as seguintes actuacións:

a) As actuacións de rehabilitación, entendendo por tales as obras encamiñadas á mellora da conservación, á mellora da eficiencia enerxética, á mellora da accesibilidade e á mellora da habitabilidade dos edificios dos CIM.

b) A adquisición de equipamento informático (ordenadores, monitores, impresoras e similares), de equipamento de oficina (fotocopiadoras e similares) e mobiliario (mesas, cadeiras e similares).

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución as entidades locais de Galicia titulares de centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito por importe de 734.628 euros, que se imputarán á aplicación orzamentaria 2023 11.20.313D.760.0 (código de proxecto 2018 00112).

Tipoloxía das axudas

1. Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as seguintes actuacións:

a) As actuacións de rehabilitación, entendendo por tales as obras encamiñadas á mellora da conservación, á mellora da eficiencia enerxética, á mellora da accesibilidade e á mellora da habitabilidade dos edificios dos CIM.

b) A adquisición de equipamento informático (ordenadores, monitores, impresoras e similares), de equipamento de oficina (fotocopiadoras e similares) e mobiliario (mesas, cadeiras e similares).

2. Sen prexuízo de calquera outra actuación que non se considere subvencionable como consecuencia do previsto nesta resolución ou na normativa xeral de subvencións, en ningún caso serán subvencionables os gastos que reúnan algunha das seguintes características:

a) Os gastos de demolición, cimentación ou estrutura, a construción de novos edificios, a ampliación das construcións xa existentes, o gasto de persoal propio e os impostos, taxas ou tributos.

b) Os gastos de material para o normal funcionamento dos equipamentos informáticos, ofimáticos, de transmisión e outros, a adquisición de soportes e memorias externas e de gravación en xeral, os paquetes estándar de software e similares.

c) Os bens funxibles, non susceptibles de inclusión en inventario, e os gastos previsiblemente reiterativos.

A contía máxima da axuda que se pode conceder a cada entidade, ao abeiro desta convocatoria, é de 16.640 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 672036): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código SI427D, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral da Igualdade, nas unidades administrativas de igualdade das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade; a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, ou da Secretaría Xeral da Igualdade, https://igualdade.xunta.gal, nos teléfonos 981 95 72 68 e 981 54 53 61 ou no enderezo electrónico: vx.igualdade@xunta.gal

 

Descargas: