SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS ENCAMIÑADAS AO ACONDICIONAMENTO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DOS ESPAZOS TERMAIS DE USO LÚDICO. PRAZO: 03-07-2023

Data: 

mércores, 15 Febreiro, 2023 (Todo o día) a luns, 3 Xullo, 2023 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación 

Orde do 20 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN308C). BDNS (Identif.): 675359.

Obxecto

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación dirixidas a entidades locais para fomentar a actividade termal mediante a realización de actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias

Entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten co título habilitante para o aproveitamento lúdico das augas termais ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación de aproveitamentos lúdicos das augas termais de Galicia, ou que con anterioridade á data de presentación da solicitude da axuda, fose declarada a condición termal das ditas aguas.

Contía

O crédito destinado para as axudas é de 1.000.000,00 euros para a anualidade do ano 2023 e 740.000,00 euros para a anualidade do ano 2024.

Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de subvención de 200.000,00 euros para cada solicitude.

 Actuacións e gastos subvencionables

1. Constitúen o obxecto destas axudas todas aquelas actuacións destinadas a acondicionar e mellorar as instalacións dos espazos termais de uso lúdico, que entre outras, poderán ser das seguintes tipoloxías:

– Adquisición e instalación de caudalímetros.

– Adquisición e instalación de sistemas de bombeo.

– Adquisición e instalación de equipos de medición que formen parte da instalación.

– Colocación de sinalética, particularmente a establecida para estas instalacións na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se aproba o contido das obrigas de información pública e sinalética das instalacións termais autorizadas ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, e que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do 11 de abril de 2022.

– Obras de acometida e canalizacións de auga.

– Mellora dos espazos verdes e instalacións de lecer.

– Actuacións en vestiarios, duchas e aseos.

– Instalación de peches perimetrais.

– Mellora das condicións de accesibilidade e seguridade das instalacións.

2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

Serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de xustificación do investimento.

Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

Tamén son subvencionables os gastos de redacción de proxecto/s necesarios para levar a cabo as actuacións subvencionables que se van realizar, de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, e os gastos do cartel informativo e da placa explicativa permanente aos cales se refire o artigo 18.h) destas bases reguladoras.

Ademais, consideraranse gastos realizados, de acordo co disposto no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 3 de xullo de 2023 (inclusive).

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 675359): http://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/index).

-Na páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal

-Nos teléfonos da dita dirección xeral: 981 95 70 92, 981 95 72 59 ou 981 54 54 65.

-Na páxina web: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Descargas: