SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO PROGRAMA DE APOIO A MULLERES NOS ÁMBITOS RURAL E URBANO (PRTR). PRAZO: 14-10-2022

Data: 

venres, 1 Abril, 2022 (Todo o día) a venres, 14 Outubro, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Emprego e Igualdade 

Orde do 21 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento TR332E). BDNS (Identif.): 616640.

Obxecto

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano (código de procedemento TR332E), dirixida á mellora da capacitación e inserción laboral das mulleres das áreas rurais e urbanas.

Constitúe unha actuación incluída no investimento 2, Emprego muller e transversalidade de xénero nas políticas públicas de apoio á activación para o emprego, comprendida no compoñente 23, Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 e pola Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021.

Será obxecto das subvencións reguladas nesta orde a atención personalizada ás mulleres de áreas rurais e urbanas participantes en itinerarios individualizados que combinen accións de diferente natureza, tales como orientación laboral, asesoramento, información, formación, adquisición de competencias e habilidades transversais, que faciliten a inserción laboral e acompañamento no emprego, e teñan por obxecto a súa capacitación e inserción laboral, nos ámbitos que se establecen nos artigos 4 e 5 da orde, fortalecendo ao tempo a igualdade efectiva e a non discriminación no acceso ao emprego.

Entidades beneficiarias da subvención

Poderán ser beneficiarias da subvención as seguintes entidades:

a) Os concellos de menos de 5.000 habitantes ou as entidades públicas dependentes ou vinculadas cuxa titularidade corresponda integramente a estes, que presenten a súa solicitude de forma individualizada.

b) Tamén poderán ser beneficiarias as mancomunidades de concellos e as agrupacións de concellos, sempre e cando polo menos o 35 % dos concellos que as conformen teñan menos de 5.000 habitantes. Polo menos un terzo das participantes atendidas deberán ser residentes nun municipio de menos de 5.000 habitant

Importe

O importe total da convocatoria ascende a 2.814.688 euros con cargo ao crédito consignado na aplicación 11.05.322A.460.0 (código de proxecto 2022 00098) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022. As subvencións previstas nesta orde financiaranse con cargo aos recursos financeiros derivados do Instrumento europeo de recuperación (Next Generation EU), a través do Mecanismo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de outubro de 2022. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Descargas: