Reunión sobre as axudas a concellos polos danos dos temporais

Data: 

xoves, 2 Xuño, 2016 - 10:00

Os voceiros da Fegamp asistiron a unha reunión na Dirección Xeral de Administración Local con responsables da Xunta de Galicia e representantes das catro deputacións provinciais, para abordar as axudas polos temporais do pasado inverno.

O presidente da Fegamp, Alfredo García, confirmou un próximo encontro a semana vindeira para avanzar na documentación que recolle as incidencias rexistradas nos distintos municipios.