Data:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Extracto da Orde do 26 de xullo de 2023, pola que se efectúa a convocatoria correspondente ao ano 2023 do Programa "Experiencias Turismo España" no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
BDNS (Identif.): 710164.
Obxecto
Impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas en España, que se repliquen no territorio nacional ou no territorio de, polo menos, tres comunidades autónomas.
Beneficiarios
Asociacións ou Federacións legalmente rexistradas no Rexistro Nacional de Asociacións regulado no Real Decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións ou equivalente nas Comunidades Autónomas.
Fundacións, legalmente rexistradas nos Rexistros correspondentes.
Agrupacións de interese económico, reguladas pola lei 12/1991 e legalmente rexistradas no Rexistro Mercantil que lles corresponda.
Empresas ou pemes, establecidas en calquera comunidade autónoma, sempre que se atopen rexistradas no Rexistro que lles corresponda, onde teñan o seu domicilio fiscal e estean en activo na data de solicitude.
Entidades relixiosas rexistradas no Rexistro que lles corresponda.
Entidades públicas que actúen como entes de cooperación turística municipal, comarcal, provincial ou autonómico e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes destas.
O ámbito de actuación territorial do proxecto debe cubrir o territorio de polo menos tres comunidades autónomas, polo que o beneficiario pode presentarse como beneficiario único se o seu ámbito de actuación é nacional ou con implantación en, polo menos, tres comunidades autónomas, ou en agrupación con outras entidades, se necesita cubrir o territorio mínimo esixido na convocatoria.
Bases Reguladoras
Orde ICT/1524/2021, do 30 de decembro (BOE 10/01/2022), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Programa "Experiencias Turismo España" e apróbase a súa convocatoria para o exercicio 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia", modificada pola Orde ICT/182/2022, do 10 de marzo (BOE 15/03/2022), pola Orde ICT/293/2022, do 31 de marzo (BOE 8/04/2022), e pola Orde ICT/1244/2022, do 13 de decembro (BOE 17/12/2022).
Contía
A contía máxima das axudas que poderán outorgarse ao conxunto dos beneficiarios será de 20.000.000 de euros. Financiaranse proxectos cunha contía mínima da axuda de 100.000 euros e unha contía máxima de 1.000.000 euros.
Para os beneficiarios indicados no artigo 3.1 das bases da convocatoria, aos que resulta de aplicación o Regulamento (UE) nº1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, a contía percibida non superará os 200.000 euros.
O pago da subvención realizarase con carácter anticipado polo importe de ata o 100 por cento daquela parte do orzamento do proxecto que fose considerado financiable.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará o 20 de setembro de 2023 ás 14h.
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 710164): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/710164
-As solicitudes presentaranse ante a sede electrónica do Ministerio, que será accesible na dirección electrónica https://sede.serviciosmin.gob.es , así como a través do Portal de Axudas do Ministerio https://www.mincotur.gob.es/portalayudas, así como da páxina https://sede.serviciosmin.gob.es/es-ES/procedimientoselectronicos/Pagina...
-O texto completo da convocatoria así como o resto da información relevante do proceso estarán dispoñibles na páxina web do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo: https://www.mincotur.gob.es/PortalAyudas/Paginas/Index.aspx