Data:
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, puxo en marcha o Foro Proxectos culturais e fondos europeos en Galicia coa finalidade de ampliar o conxunto de proxectos estratéxicos que Galicia estea en disposición de desenvolver no ámbito da cultura e que poidan optar a recibir financiamento de fondos europeos. A dispoñibilidade de fondos europeos é unha oportunidade estratéxica que Galicia debe aproveitar para impulsar a cultura e a lingua, que reforce a fortaleza dos sectores culturais profesionais e que contribúa á súa transformación económica.
CONSULTA PÚBLICA
Para que todas as entidades e persoas interesadas poidan achegar as súas propostas, ábrese a opción de que se propoñan liñas de actuación ou proxectos concretos para que sexan valorados de cara á súa inclusión no documento final resultado do Foro Proxectos culturais e fondos europeos en Galicia.
As liñas de traballo que centrarán este proceso participativo basearanse nos seguintes retos conxuntos:
- Fortalecemento da industria cultural e creativa galega
- Transformación dixital da cultura galega
- Actualización da rede de equipamentos culturais de Galicia
- Impulso da creación e da oferta cultural
- Desenvolvemento da cultura do medio rural de Galicia
- Fortalecemento na produción en galego
- Valorización do patrimonio cultural de Galicia
Poden enviar a súa achega ao correo electrónico da Secretaría Xeral de Cultura secretaria.xeral.cultura@xunta.gal
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
MODELO ACHEGA | 173.18 KB |
PRESENTACION FORO PROXECTOS CULTURAIS | 589.93 KB |