Data:
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023. Unha delegación de la Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) encabezada polo seu presidente, Alberto Varela, reuniouse co vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, para avaliar a situación dos traballos da comisión técnica sobre a delimitación das competencias autonómicas e locais que, en opinión da FEGAMP "é urxente axilizar para avanzar en resultados".
"Despois de tres xuntanzas aínda non recibimos información do goberno da Xunta de Galicia coa que contrastar os datos elaborados pola propia FEGAMP a partires de datos oficias da Xunta de Galicia" sinalou Alberto Varela, para quen a definición de competencias e o finazamento dos servizos sociaies, e nomeadamente, do servizo de axuda no fogar (SAF), é imprescindible para evitar o afogamento dos concellos. Nesa liña, o presidente da FEGAMP tamén reclamó o aumento do incondicionado do Fondo de Cooperación Local que se transfire aos concellos e que leva "dez anos conxelado" en 112 millóns de euros.
Na xuntanza tamén participaron os vicepresidentes da FEGAMP, Carlos Martínez e Secundino García, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Ambas partes acordaron "axilizar e darlle un impulso ao traballo levado a cabo até agora neste ámbito", tal e como informou a Vicepresidencia Primeira nun comunicado posterior.